Publicacións

Imaxe
 Domingo XXII do Tempo Ordinario   E hoxe, que deus me poño? Un que non me desentone    A cultura do consumo e da adoración polo cambio pasou das cousas ás persoas e incluso a Deus.  De xeito que imos escollendo o rostro de Deus que combine coas opcións de vida que vou tomando en cada momento. Pero o Deus de Xesucristo non fai concesións nin aos máis próximos. Pedro quere que Xesús covírtase no Deus de Operación Triunfo. Polo que Xesús dille: "Arreda de min, Satanás. Pois tis miras como os homes e non coma Deus"   Señor escollíchesme para ser dos teus. Puxeches os ollos en min. E chamáchesme polo meu nome. Pero non pra buscar os meus "Gústame" (like's) Senon os meus "ámote" (love's) Que saiba aceptarte como Ti es, sen manipularte  nin reducirte a un boneco de feira ou a un ídolo morto,  aínda que sexa un ídolo con aspecto cristián.  
Imaxe
  Iniciamos un curso Pastoral. Con inseguridade, con incertezas, e non sabendo que vai pasar dentro de 15 días. Polo que hoxe e sempre a nivel pastoral facémonos a seguinte pregunta: "Que temos que facer?" E o centro somos nós, unha Igrexa autorreferenciada e mirándonos o embigo. Ansiosos e obsesionados pola eficacia e polo éxito humano. E andamos como polo sen cabeza inflando como un sapo as nosas programacións para ter sensación de fidelidade ao Reino. E asemade caemos nun activismo que nos desgasta e cabrea. Pero se temos a capacidade de sair un pouco deste activismo pasamos a pregunta: “Quen temos que ser?” E saímos do activismo, pero seguimos na autoreferencialidade, e no protagonismo humano, como Narciso complacéndose de verse tan fermoso. Ou cangando sobre nós en illamento e soidade o peso da nosa tarefa. Como un Sísifo que cando cre que chegou todo volve abaixo. Pero a pregunta importante fásnola Ti. “Quen es Ti para min? Non se trata de respostar primeiro, que teño q
Imaxe
Ao relente do Evanxeo Quero contigo María contar e cantar a obra de Deus,  nesta arxila que son e nos pequenos e nos humildes. Faime estar na barreira* para descubrir  as sementes de Reino que hai no barro. Quero contigo María non subir a Deus ao ceo, senon baixalo á Terra e crer Naquel que  dálle  volta á Historia. Carlos González, Pbro. *.- Lugar onde, na zona de Xunqueira de Espanedo, Niñodaguía, e arredores os oleiros extraían o barro para as olas.
Imaxe
Ao relente do evanxeo Fidelidade e compromiso no matrimonio,  fidelidade en compromiso no celibato. Nesta sociedade líquida, onde todo é cambiable,  construír cada dia un vencello estable, e con ledicia,  é ser signo dun amor que sobrepásanos.  O amor do crucificado, o Señor da Cruz.   En Ti confio, Señor. Carlos González Prieto, Pbro AVISO PREVIO A UNOS MUCHACHOS QUE ASPIRAN A SER CÉLIBES Será una paz armada, compañeros, será toda la vida esta batalla; que el cráter de la carne sólo calla cuando la muerte acalla sus braseros. Sin lumbre en el hogar y el sueño mudo, sin hijos las rodillas y la boca, a veces sentiréis que el hielo os toca, la soledad os besará a menudo. No es que dejéis el corazón sin bodas. Habréis de amarlo todo, todos, todas, discípulos de Aquel que amó primero. Perdida por el Reino y conq
Imaxe
DOMUND 2015 MISIONEIROS DA MISERICORDIA AS OBRAS DE MISERICORDIA  
Imaxe
Mensaxe do Santo Padre Francisco Coresma 2015 Enfortecede os vosos corazóns (Stgo, 5, 8) Ligazón para a mensaxe   Preme aquí   Resumimos a continuación as ideas principais do texto nas súas tres pasaxes para "non" ser "indiferentes":   A.- "Se un membro sofre, todos sofren con el" (1 Co 12,26) - A Igrexa 1. "O cristián é aquel que permite que Deus o revista da súa bondade e misericordia, que o revista de Cristo, para chegar a ser como Él , servo de Deus e dos homes,".   2. "A Coresma é un tempo propicio para deixarnos servir por Cristo e así chegar a ser como Él . Isto sucede cando recibimos a Eucaristía, onde nos convertemos no que recibimos: o corpo de Cristo. Nel non hai lugar para a indiferenza".   3. "A Igrexa é communio sanctorum porque nela participan os santos, pero á súa vez porque é comuñón de cousas santas: o amor de Deus que se nos revelou en Cristo e todos os seus dons".
Imaxe
A que esperamos para cambiar o mundo? Sabes que unha das causas da pobreza é a guerra como negocio. Informe de Bancaarmada.org y Justicia e Pau  Listas dos bancos españois que financian empresas de armas.  Para saber máis e mirar se está o teu banco ou aseguradora. http://centredelas.org/images/stories/informes/informe20_cas.pdf  Algunhas desas armas están incluso prohibidas polos acordos internacionais, como bombas de acio e minas antipersoa. Sabes que o Banco Sabadell no 2014 financiou a unha empresa de USA con case 2.000 millóns de dólares? (E témolo por veciño!!! Se fose unha familia de xitanos poríamos o grito no ceo)  Banco Que Sabes dell Pregúntalle ao teu banco: Que fan co meu diñeiro mentres eu durmo?  O meu diñeiro traballa para o mundo no que creo, o que quero, e o que lle quero deixar aos meus fillos? Se ti vas hoxe a un banco e pides diñeiro, pídenche ata un chequeo médico. Queren saber para que é, e que vas facer con el. E penso qu